NOTICIAS

Iniciamos a Semana do Libro cun Atelier na biblioteca nel lembramos a importancia da ilustración nos libros coa visita de Silvia (@Sylustrando) mostrounos os seus traballos e no seu obradoiro falounos da necesidade de expresARTE.

O 🄰🄻🅄🄼🄽🄰🄳🄾 🄳🄴 🄵🄿🄱 realizou unha saída, organizada polo Concello de Ourense, moi interesante e poido disfrutar das marabillosas paisaxes de 𝚁𝚒𝚍𝚒𝚖𝚘𝚊𝚜. Moitas grazas David por todas as cousas interesantes que nos contache. 🌳🌻

Hoxe celebramos no colexio o Día da Educación en todas as etapas 👩🏽‍🏫👨‍🏫📚👩‍🎓🙋🏻🧑‍🎓Estamos moi orgullosos/as dunha profesión tan bonita coma a de ser MESTRE/A 💜💗Só nos queda dicir que, a educación non cambia ao mundo, senón que cambia ás persoas que van cambiar o 🌎.

ANIMACIÓN Á LECTURA ⭐️📚📖⭐️maravilloso encontro co autor do libro “Segredos Soterrados” @xabierdp (escritor de historia en colaboración coa outra autora do libro Alba de Evan)

Levamos o noso libro asinado ✍️e coñecemos novos detalles sobre a elaboración da historia 🖋️📝

Moitas grazas Xabier e Alba 🙏🏻💗

Actividade organizada polo @concelloourense @educacionourense

Nun día como hoxe, 30 de xaneiro: Día da Paz, deixamos que nos invada a maxia que levamos dentro. Convertémonos en «feiticeiros» e «feiticeiras», realizamos conxuros para lograr un mundo mellor a berro de: Abracadabra ¡Que a paz se faga! Un lugar cheo de apoio, solidariedade, compañeirismo, igualdade, non discriminación, amor e comprensión.❤️🫶🏻 Oxalá os nosos conxuros fagan efecto e se estendan a calquera parte do planeta. 🌍 A PAZ pódese comezar a lograr aquí, agora e para SEMPRE. #DíadelaPaz #DimaOurense #30xaneiro


Tempo de Nadal tempo de compartir e de ser solidarias-os.

XUNTOS E UNIDOS CONSEGUIMOS GRANDES COUSAS E FACEMOS QUE ESTE MUNDO SEXA MELLOR.

🎉🎉🎉 Este venres tarde o noso Colexio Divino Maestro de Ourense tivo a honra de recoller o premio como gañador🏆🏆🏆 galego do XIV Concurso Galego de Robótica🤖🤖🤖 celebrado en A Coruña,. O equipo gañador estivo formado por Daniel Diaz Yebra, Carlos Manuel Fernández Feijoo, Gael Gómez Pernas, Laura Sánchez López e Santiago Andrés Velón Hurtado, alumn@s todos eles de 3ºESO. Acudiron á entrega de premios (300€ 💰para material STEM no Cole) acompañados do seu mestre de Tecnoloxía Daniel López. ❤️❤️❤️Encantados de que os nos@s alumn@s puidesen coñecer o potencial da robótica e de que obtivesen este importante recoñecemento ó seu esforzo destes anos de traballo. 👍 👍 👍