SAÍDAS

MIL ESTRELAS, MUSICAL DE MUSICAIS 2024

-

Alumnos 3º e 4º eso

O martes 24 de setembro, @s alumn@s de 3º e 4º da ESO acudimos ao auditorio a ver o musical realizado íntegramente pola comunidade educativa do “IES Xesús Taboada Chivite” de Verín: “Mil estrelas, musical de musicais”. Durante dúas horas, gozamos cos bailes, as cancións e as magníficas actuacións de cada un dos seus intérpretes. Un extraordinario espectáculo na nosa lingua, o galego, que nos fixo vibrar dende o primeiro momento. Valoramos e agradecemos a todos os membros deste instituto a súa enorme implicación e compromiso, que tivo como resultado esta maravillosa representación.